Equipo

Equipo Artesana

Baseados no concepto de Gastrobar pero engadindo outros valores tales como o respeto á tradición ou a proximidade á xente e aos seus veciños xorde este proxecto da man de dous profesionais na Avenida de Ferrol número 9 en Santiago de Compostela.

 

En Artesana Gastrobar asociamos directamente a gastronomía con emoción, por iso tentamos por todos os medios ao noso alcance que cada visita ao noso restaurante sexa unha experiencia imaxinativa, grata, sorprendente e familiar para os nosos clientes.

 

Tradición, proximidade, gastronomía de calidade, felicidade, arte, sinxeleza ou familiaridade poderían ser algunhas das palabras que mellor definen a nosa filosofía.